Sunday 30 de June de 2024

Cariño inaugura este venres unha exposición de figuras feitas de materiais reciclados a cargo de Manuel Armada Santalla


• A inauguración terá lugar ás 12:30 horas

• A mostra estará ao dispor do público en horario de 9:30 a 13 horas e de 15:30 a 20 horas no Local Social

• Trátase dun coleccionista, mecánico de automóbiles de profesión, que desde a súa xubilación dedícase a facer esculturas de ferro e na actualidade conta con máis de 100 obras

O Local Social de Cariño acolle este venres, 21 de xuño, a inauguración da exposición de figuras feitas con materiais reciclados, a cargo de Manuel Armada Santalla, coleccionista e mecánico de automóbiles de profesión. O acto será ás 12:30 horas e contará coa presenza do propio artista, ademais da alcaldesa do Concello, Ana María López.

Desde a súa xubilación, ocupa o seu tempo libre realizando esculturas de ferro con materiais reciclados, con máis de 100 esculturas realizadas ata o de agora.
Segundo indica, o seu traballo “é cuestión de deixar voar a imaxinación, así que cada vez que me atopo con algún material penso en que figura podo crear”.

A mostra estará ao dispor do público en horario de 9:30 a 13 horas e de 15:30 a 20 horas.
Desde o Concello de Cariño animan a todos, veciños e visitantes a coñecer un pouco máis sobre a obra de Armada Santalla no Local Social.

Deja un comentario